Proceso de admisión novo ingreso
CURSO 2024/2025
Información:
O número de solicitudes presentadas para 4º curso de Infantil
foi superior ás previstas na oferta.
Baremación e publicación listado provisional de admitidos/as
data límite o 25 de abril.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES 2º CICLO
Do 1 ao 20 de marzo 2024
Dirixido a...
Familias interesadas en escolarizar ao seu fillo ou filla, nados no ano 2021.
Presentación
-
O impreso facilitarase na secretaría do centro no momento de tramitar a solicitude, para darlle rexistro de entrada.
-
O horario de atención ao público da secretaría: de 10:00 a 12:00 e de 16:00 a 17:00 horas.
Documentación:
-
copia DNI pai/nai ou titor/a legal.
-
copia libro de familia do/a alumno/a, ou equivalente. De ser o caso, libro de familia numerosa.
-
copia tarxeta sanitaria e libro de vacinación do/a neno/a.
-
certificado de convivencia familia ou empadroamento.
-
resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
-
acreditar a situación laboral pai/nai (contrato, nómina, certifificado autónomos, ...)
-
copia renda/s das persoas da unidade familiar correspondnete ao último exercicio fiscal.
Adxudicación de prazas:
-
Terán preferencia: o alumnado con dereito a renovar a praza así como os/as irmáns deles.
-
As vacantes restantes serán adxudicadas por orde de entrega, segundo o rexistro de entrada, se a solicitude conta coa documentación requirida e non houbera máis solicitudes que prazas ofertadas. No caso contrario, de ter máis solicitudes que prazas ofertadas, as solicitudes serán baremadas segundo o baremo de aplicación nas escolas infantís 0-3 de xestión directa da Xunta de Galicia e adxudicaranse as prazas segundo a orde puntuación acadada no baremo.
-
Publicarase o listado de solicitantes con praza adxudicada e en lista de agarda no taboleiro de anuncios da secretaría no prazo máximo de 10 días laborais á finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Documentación:
-
DNI ou libro de familia do/a alumno/a
-
DNI nai/pai ou titor/a legal.
-
Resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
-
Certificado de matrícula (no caso de alumnado que veña doutro centro do mesmo nivel educativo)
Presentación:
-
Na secretaría do centro.
-
A través da aplicación "admisionalumnado", onde se poderá consultar o calendario do proceso de admisión, unidades e prazas vacantes por curso, consultar o estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante, e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.
Normativa reguladora do proceso de admisión
-
Acordo do 11 de outubro de 2023 medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo
Observacións...
Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar unha solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
A solicitude de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante.
A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
Para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior, será causa de perda do dereito a participar no procedemento.